miércoles, 11 de julio de 2007

cornadelas do governo


pode que non se vexa ben, pero hoxe quero falar destes cornos que vedes na foto. cornos que están por toda a cidade!!!
tento durmir pola mañá, e teño varios touros corneando preto da miña xanela. vou dar un paseio, e por onde vou, eses cornos marcan toda a cidade
será polo progreso? ou será que dalgunha maneira teñen que disimular que non traballan? terá algunha utilidade furar todo o que podan?
ou será unha cornadela máis, para ver por onde nos sacan os ares?
fusquenllo

lunes, 9 de julio de 2007

o rei guerreiro


o rei david tocaba a harpa. que ten que ver isto con cornos ou cornadelas? david deulle unha cornadela a un que el mesmo fixo cornudo primeiro! pero poñámonos poéticos...
haiche unha canción dunha película infantil que fala do tema:
oin que había un acorde segredo que david tocaba e iso agradaba ao Señor...() tua fe era forte pero precisabas de probas; víchela tomando un baño dende o tellado e sua beleza baixo a luz da lua embargoute...(aqui fala de betsabé, a toreira que lle puxo os cornos ao marido, na guerra)rompeu o teu trono, cortou o teu cabelo (pequena referencia a sansón, para facerse unha ideia comparativa da axuda das mulleres na vida dos homes), e dos teus beizos arrincoute un aleluia...(xa veremos despous a qué se refire co aleluia)
(e agora este verso gañouse un parágrafo aparte)
lembra cando eu me movia en ti, e a santa escuridade movíase tamén, e cada suspiro era un aleluia (fin do soño. esta non é una bela, romántica, e aséptica canción. o mellor piano que escoitei en tempos é unha canción que simplemente fala de sexo, e tal vez pode que dos beneficios do adulterio)
ou noutras palabras, dos beneficios dos cornos...
fuquenllo

domingo, 8 de julio de 2007

a utilidade dos cornos



hola a todos, e benvidos a este blogue.
cando vin o video de onde saleu esa foto, entendín que o mundo pode cambiar. a proba está en que agora ese toreiro pode tirarse peidos en estereo!
ainda non sei se este blogue será agresivo coma os cornos, ou terá unha visión máis... retranqueira, como todo o que rin despous falando ca xente sobre este incidente

pero os cornos son para usar, e abofé que ei facelo!
fusquenllo